O ministro de Consumo reafírmase nas súas críticas ás macrogranxas
O ministro de Consumo reafírmase nas súas críticas ás macrogranxas
Asegura que fixo esas declaracións "como ministro" e non a título persoal, como di a parte socialista do Goberno
O ministro de Consumo reafírmase nas súas polémicas declaracións a un xornal británico e acusa as macrogranxas de carne españolas de contaminar e maltratar os animais. "O que dixen é impecable, non innovo nada, o que fago é traducir a un espazo político o que se plantexou noutros ámbitos con raíz científica", asegurou Alberto Garzón noutra entrevista na Cadena Ser.
Tamén lle replicou á parte socialista do Goberno, que chegou a desautorizalo dicindo que se trata dunha opinión persoal pero non dunha posición oficial. "É evidente que eu estou en contra das macrogranxas como está moita xente, pero as miñas declaracións son como ministro de Consumo, por suposto que si, non podería ser doutra maneira tratándose dunha materia que tamén é competencia de Consumo", afirmou o ministro.