Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ministro de Exteriores ucraíno pídelle ao mundo que os apoie "por propia seguridade"

O ministro de Exteriores ucraíno pídelle ao mundo que os apoie "por propia seguridade"

Dymitro Kuleba participou no Foro da Toxa

Agradece aos españois a acollida de refuxiados

Antón Montero 29/09/2022 20:34

Dymitro Kuleba comezou salientando o simbolismo de dirixirse desde a porta leste de Europa á porta atlántica do continente. O ministro de Exteriores ucraíno agradeceu o apoio español durante a guerra, e non só do Goberno.

Kuleba declarouse "agradecido a España, aos moitos españois que abriron as súas portas aos ucraínos que fuxiron das bombas rusas".

Kuleba lembrou que a agresión de Putin vén da impunidade coa que se lle deixou actuar no pasado. Por iso cre vital que o apoio militar ao seu país non cese agora, porque, dixo, axudar a Ucraína non é caridade.

"Reforzar o músculo militar é o mellor investimento en seguridade que Europa e América do Norte poden facer, un investimento na vosa propia seguridade nacional", advertiu Kuleba.

O seu homólogo español dixo que o noso país está disposto a seguir apoiando humanitaria, económica e militarmente a Ucraína. José Manuel Albares di que veñen meses complicados, pero que só hai un camiño para superalos.

Para o xefe da diplomacia española: "Se nos mantemos unidos, mentres permanezamos unidos, superaremos esta crise, se estamos unidos apoiando a Ucraína, se estamos unidos mantendo as sancións, non levantándoas".

Minutos antes da charla, o embaixador de Ucraína en España recollera o premio que o Foro lle concede ao pobo ucraíno pola coraxe e a dignidade que está demostrando ante a agresión rusa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade