Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ministro de Industria trata con Altri axustes para que o proxecto de Palas conte con fondos europeos

O ministro de Industria trata con Altri axustes para que o proxecto de Palas conte con fondos europeos

"Altri presenta un proxecto extraordinario que encaixaría cos obxectivos da aposta cara á descarbonización", aseguran no Ministerio

EP 10/07/2023 16:33

O ministro de Industria Héctor Gómez mantivo unha reunión a pasada semana en Lisboa con representantes da compañía de celulosa lusa Altri na que acordaron darse un prazo para axustar o proxecto de fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei aos criterios e as esixencias da UE para que poida obter financiamento.

Nun comunicado, o ministro destacou que Altri "presenta un proxecto extraordinario que encaixaría cos obxectivos da aposta cara á descarbonización". "Por iso vin ata aquí, para coñecer e acompañar, porque o apoio a este tipo de iniciativas debe contar con toda a nosa atención", asegurou.

O ministro coñeceu de primeira man o proxecto de investimento que esta empresa deseñou para Palas. Este encontro enmárcase dentro das reunións que responsables do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo están a celebrar con compañías interesadas en acudir á futura convocatoria do PERTE de Descarbonización que lanzará o Goberno.

"Este PERTE, dotado con 3.100 millóns de euros, contribuirá a modernizar a nosa industria para afrontar con éxito a transición ecolóxica apostando polo fomento do uso de enerxías renovables, a protección do medio ambiente e o avance cara á economía circular. Queremos que España lidere a revolución verde industrial en Europa e o PERTE vai axudar a conseguilo", apunta.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco subliña que esta reunión do ministro "demostra que hai un Goberno de España que en verdade está a apoiar e traballar man a man coas empresas para buscar solucións ao financiamento", o cal contrasta cunha Xunta de Galicia que "busca facer ruído".

"O Goberno galego sabe que o proxecto, tal e como eles o presentaron inicialmente, e como xa dixemos, non se axustaba aos criterios esixidos pola Unión Europea", reprocha o delegado do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade