Cargando resultados...
O modelo de xestión do monte duns comuneiros de Friol esperta interese entre expertos europeos
O modelo de xestión do monte duns comuneiros de Friol esperta interese entre expertos europeos
O silvopastoreo con razas autóctonas galegas é unha das bases do modelo de xestión do monte
G24.gal
15/11/2023 20:03
Son 700 hectáreas de monte comunal cuxa xestión chamou a atención dos técnicos da rede europea Forext, que ten un obxectivo claro: diversificar os usos. E para iso, apostaron polo gando autóctono, que mantén limpos os bosques.
Chaman a atención os porcos celtas, que acoden puntuais á chamada para a comida. A comunidade de montes de Carballo, no concello lugués de Friol, aposta por un modelo sostible que supón importantes vantaxes. Entre elas manter limpo o monte e evitar lumes.
Ademais do silvopastoreo, apostan tamén pola apicultura ou o aproveitamento dos cogomelos, e xa pensan para o futuro en novos usos que permitan a estes montes seguir cheos de vida.