O mosquito tigre chega a Redondela
O mosquito tigre chega a Redondela
A Xunta pídelle á poboación que elimine puntos de auga estancada, como os pratos debaixo das macetas ou en caldeiros
Detectan exemplares de mosquito tigre no concello de Redondela. O achado prodúcese despois de detectarse a súa presenza en Cangas, Moaña e Vigo.
Polo tanto, o Concello de Redondela sumarase ao comité técnico do mosquito tigre na reunión deste xoves.
Para reforzar o coñecemento sobre o control deste insecto por parte dos técnicos dos catro concellos implicados, a Escola Galega de Saúde Pública da Consellería de Sanidade organizou unha formación específica na Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra.
O mosquito tigre é vector de enfermidades como os virus de dengue, a chikungunya ou o zika, aínda que ningún dos exemplares localizados ata o momento era portador.
En todo caso, Sanidade agradece á cidadanía que siga os consellos para limitar a proliferación deste insecto, como eliminar puntos de auga estancada en bebedoiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións, renovando a auga cada catro ou cinco días.