Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Muíño de Rudiño, Prato de Ouro en Xantar, é un restaurante sen carta que xoga coa sorpresa do cliente

O Muíño de Rudiño, Prato de Ouro en Xantar, é un restaurante sen carta que xoga coa sorpresa do cliente

A súa cociña xa non se pode entender sen os produtos galegos que son fonte de inspiración

Teo Iannotta, xefe de cociña do Muíño de Rudiño
G24.gal 16/11/2021 14:12

Teo Iannotta, xefe de cociña do Muíño de Rudiño, en Ribadumia, está entre fogóns preparando uns espaguetes con tomate napolitano e cogomelos, pero podería ser calquera outra cousa, porque este arquitecto de profesión e cociñeiro de vocación divírtese improvisando.

A Teo gústalle emocionar, sentar cos seus clientes á mesa e contarlles as historias que inspiran as súas creacións.

A súa cociña xa non se pode entender sen os produtos galegos que son para el fonte de inspiración.

O Muíño de Rudiño, que tamén exhibe no seu faiado e a modo de museo etnográfico os trebellos que falan dos seus 168 anos de historia, foi merecedor do Prato de Ouro nesta última edición do salón gastronómico de Xantar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade