Estamos ante o Nadal máis caro da historia
Estamos ante o Nadal máis caro da historia
Moitos adiantan as compras para tratar de paliar a suba nos prezos
A praza de abastos de Lugo é un mercado emblemático e case que o quilómetro cero dos produtos de nadal se nos referimos ao pequeno comercio tradicional e personalizado. Moitos anos vendendo calidade e produtos de proximidade avalan a estes praceiros, que xa teñen posta a vista para o vindeiro Nadal.
Malia a suba nos prezos, a xente fai un esforzo para incluír os clásicos na súa cesta da compra. Comezamos polos mariscos.
Na peixería, o peixe sapo, a pescada e ollomol son os máis demandados.
Leitón, año e solombo de terneira tamén incrementaron o seu prezo.
A suba das enerxías e das materias primas coas que se elaboran os doces como o azucre nun 43 %, ou os ovos nun 26 %, tamén se repercuten no prezo aos consumidores. Segundo o ministro Planas, estamos nun problema de custos de produción, non de marxes empresariais; de feito, os comerciantes tratan de conter os prezos.
A inflación, a guerra de Ucraína e a crise económica derivada da covid traerán o Nadal coa cesta da compra máis cara da historia.