Publicador de contidos
Publicador de contidos

O naufraxio do Villa de Pitanxo sacode todo o sector pesqueiro

O naufraxio do Villa de Pitanxo sacode todo o sector pesqueiro

Poñen en valor a profesionalidade da xente do mar

G24.gal 19/02/2022 14:21

Todo o sector pesqueiro vive o naufraxio do Villa de Pitanxo como propio. Palangreiros e comercializadores únense a dor das familias e poñen en valor a profesionalidade dos mariñeiros galegos.  Así o contan  Juana Parada , directora xerente de Orpagu  e Emilio Martínez, Presidente de Anecteam.

 O risco cero non existe, sempre deriva dun cúmulo de circunstancias, imprevistas moitas delas, que poida  facer que concorrar este tipo de acontecementos.

Hai que entender as familias e hai que porse na súa pel. Ademais de asumir o que pasou, un quere velar o corpo.

Descoñécenese de momento as circunstancias últimas que levaron a naufragar o Villa de Pitanxo pero o sector palangreiro algo si ten claro.

Non hai dúbida  da profesionalidade dos mariñeiros e das embarcacións, sobre todo  hoxe en día  que melloraron moito as condicións, pero ás veces non se pode evitar que de vez en cando suceden estas cousas.
 

Trátase dunha desgraza, unha traxedia que pon en valor a dificultade de conseguir un quilo de peixe e traelo á lonxa. É lamentable que nos acordamos de que é un sector estratéxico cando ocorren  situacións deste tipo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade