Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Náutico de San Vicente do Mar celebra 30 anos de música en directo

O Náutico de San Vicente do Mar celebra 30 anos de música en directo

Miguel Ríos é das poucas revelacións dun cartel de concertos que este verán é secreto

G24.gal 17/08/2022 21:03 Última actualización 17/08/2022 22:03

O Náutico de San Vicente celebra neste 2022 trinta anos de música en vivo nunha contorna privilexiada e convertido nun dos lugares favoritos dos melómanos. 

Iván Ferreiro, Xoel López, Antonio Vega, Uxía, Maika Makovski, Jorge Drexler... Son algúns dos nomes da listaxe interminable de artistas que pasaron polos palcos desta sala de concertos tan querida polo público como polos artistas.

Este verán o cartel é segredo, polo que os concertos son sorpresa, agás excepcións tan especiais como a de Miguel Ríos, quen antes de retirarse dos escenarios pisará este do Náutico de San Vicente o vindeiro domingo.

A carón da praia da Barrosa todo xira arredor da música.

A pequena terraza de San Vicente do Mar que empezou a acoller concertos é, trinta anos despois, toda unha factoría sonora para artistas emerxentes e consolidados.

O Náutico de San Vicente ateiga as memorias dos móbiles e as redes sociais e mesmo protagoniza un documental.

Pero o que de verdade conta é vivilo. Por iso atrae turistas, público fiel e músicos que acaban convertidos en embaixadores. 

A fórmula do calendario segredo para evitar aglomeracións suma 85 concertos este agosto e adiviñalos é un dos pasatempos do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade