Publicador de contidos
Publicador de contidos

O neno lobo faise maior e celebra o 77 aniversario coas súas amizades

O neno lobo faise maior e celebra o 77 aniversario coas súas amizades

Marcos Rodríguez Pantoja é o primeiro caso dun neno que se criou entre lobos

Pasou unha ducia de anos illado en Serra Morena e agora vive nunha aldea da Merca

As súas amizades quixeron renderlle unha homenaxe na Arca da Noe

Marcos Rodríguez Pantoja cummpre o 7 de xuño 77 anos.
G24.gal 04/06/2022 21:18 Última actualización 04/06/2022 21:43

O neno lobo de Serra Morena, que vive desde hai máis de 20 anos nunha aldea da Merca, vaise facendo maior. Fai 77 anos. Esta tarde amigos e coñecidos quixeron renderlle unha homenaxe e lembrar a súa vida entre lobos, unha historia única que di nunca vai esquecer.

Rodeado de veciños e amizades na Arca da Noe de Vilar de Santos o neno lobo celebra os 77 anos e Marcos Rodríguez Pantoja di que por primeira vez soprou as súas candeas.

Toda unha sorpresa e unha homenaxe para quen é o primeiro caso documentado dun neno abandonado que se fixo home convivindo entre os lobos.

"Ao primeiro paseino mal pero logo funme facendo amigo dos lobiños pequenos. Eu xogaba con eles, vestía con peles, e a mamá loba deixábame comida no alto dunha pedra", conta.

O illamento desde os 8 anos no val da Serra Morena granadina e o maltrato que sufriu fixo que desconfiase da humanidade, ata hai pouco. Di que nunca se esquece da súa nai loba coa que aprendeu a comunicarse ouleando. 

Agora os seus compañeiros axúdanlle recadando fondos e difundindo a súa historia para que o neno lobo Marcos siga facéndose maior.

Rodeado de compañeiros e amigos clebrou o seu aniversario na Arca da Noe.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade