Cargando resultados...
O novo alcalde de Bermeo dimite tras sufrir un accidente e superar a taxa de alcol
O novo alcalde de Bermeo dimite tras sufrir un accidente e superar a taxa de alcol
Asier Larrauri, de EH-Bildu, permaneceu no cargo menos de 24 horas
Asier Larrauri na súa toma de posesión como alcalde de Bermeo este sábado
G24.gal
18/06/2023 21:41
O novo rexedor de Bermeo Asier Larrauri, de Eh-Bildu tan só permaneceu no cargo 24 horas. Dimitiu este domingo despois de sufrir un accidente de madrugada e dar positivo por alcolemia.
Presentoulle a renuncia á dirección do partido nunha carta persoal difundida pola coalición soberanista nas redes sociais horas despois de sufrir un accidente en Sollube.
Asegura que o fai porque non soubo ter o comportamento exemplar que se lle debe esixir a un cargo público. Todo tras dar positivo por alcolemia, unha taxa de 0,68, e ser denunciado pola Ertzaintza.
Marcha porque, segundo di, non quere manchar o nome de Bermeo nin causarlle dano ao seu partido. ESH-Bildu xa aceptou esta renuncia.