Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo balneario de Allariz súmase á rede de termalismo social

O novo balneario de Allariz súmase á rede de termalismo social

Este domingo comezaron as primeiras estancias, subvencionadas pola Deputación de Ourense

O hotel termal Oca Vila de Allariz acaba de conseguir a acreditación sanitaria das súas augas

G24.gal 06/04/2025 19:42 Última actualización 06/04/2025 20:20

Coa certificación das propiedades mineromedicinais das súas augas, o hotel Oca súmase á rede de termalismo social da provincia de Ourense.

Maike Pazos, director do hotel balneario Oca Vila de Allariz: "Os seus usos terapéuticos son bastante diversos, desde a recuperación muscular, artrose... a patoloxías relacionadas coas vías respiratorias, como bronquite ou mesmo as alerxias".

Un uso terapéutico que se suma ao de relaxación que xa achegaba o spa.

"Gústame para a pel. Eu son atópica e coido que as augas sulfuradas van ben para os que temos esta patoloxía. E tamén me gusta combinar a Ribeira Sacra con algo relaxante", comenta unha das primeiras usuarias do balneario.

O programa de termalismo social subvenciona estancias de cinco noites para maiores de cincuenta anos.

"Para nós é unha aposta pola calidade, seguir ofertando unha experiencia diferente ao cliente e ábrenos a posibilidade de ser destino de referencia dentro do turismo termal en Galicia", asegura o director do hotel.

Nunhas semanas empezarán tamén co programa de termalismo contra a soidade non desexada, destinado especificamente a persoas que vivan soas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade