O ourensán Francisco José Prieto toma posesión como arcebispo de Santiago
O ourensán Francisco José Prieto toma posesión como arcebispo de Santiago
Xulián Barrio deixa a diocese compostelá despois de 27 anos
Trinta prelados, entre eles o nuncio do Vaticano en España, asisten á cerimonia que se celebra cun cáliz do século XIII
A cátedra episcopal da catedral de Santiago muda de titular tras case tres décadas, nas que o arcebispo Xulián Barrio viviu o crecemento do fenómeno Xacobeo, a visita do papa Bieito XVI ou o roubo do Códice Calixtino e que hoxe falaba así da traxectoria do seu substituto.
Francisco José Prieto, ourensán de 54 anos e ata agora bispo auxiliar, ofreceulles ás autoridades construír xuntos espazos de convivencia e humanidade.
Á toma de posesión asistiron trinta bispos de toda España, entre eles o nuncio do Vaticano en España, os presidentes da Xunta e do Parlamento e o reitor da Universidade de Santiago.
Desde a última cerimonia deste tipo na catedral de Santiago pasaron 27 anos e 98 días, desde o 25 de febreiro de 1996, cando monseñor Xulián Barrio asumiu a mitra compostelá.