O Ourense resiste e saca un punto de Andorra (0-0)
O Ourense resiste e saca un punto de Andorra (0-0)
Ningún dos dous equipos gozou de ocasións claras para gañar o partido
O empate non lle serve aos galegos para saír dos postos de descenso
O Ourense levou un punto de Andorra sen que ningún dos equipos tivera ocasións o suficientemente perigosas como para levar a vitoria. A primeira oportunidade tívoa Josep Cerdá, cun disparo dende a esquerda que marchou préto da escuadra da portería defendida por Marqueta. Os ourensáns sumaban achegamentos á área rival, pero ningún deles culminaba cun remate a porta. O propio Cerdá sería o que tería outra boa ocasión cun remate a bocaxarro moi escorado que parou co corpo o gardameta ourensán.
Na segunda metade seguiu sendo o conxunto andorrano o que máis se aproximaba á portería rival. Sen embargo, ningunha das ocasións gozaba de moito perigo. Os locais reclamarían un penalti por un agarrón dentro da área, pero o colexiado non sinalou absolutamente nada. O recén entrado Juanda tentouno para o Andorra e un centro que se envelenou a piques estivo de entrar na portería de Raúl Marqueta. Deste xeito, o encontro culminaría cun empate cun sabor agridoce para o Ourense, xa que os andorráns tiveron máis ocasións pero o punto non lle serve para saír dos postos de descenso.