Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pallaso Tanito celebra 40 anos sobre o escenario

O pallaso Tanito celebra 40 anos sobre o escenario

Reencontrouse en Baños de Molgas coas súas orixes, nun espectáculo dirixido aos que o acompañaron ao longo da súa dilatada traxectoria

G24.gal 22/03/2022 21:00

Con paso firme, o da seguridade sobre as táboas que lle aporta a experiencia, Camilo Castro Gómez, Tanito, reencóntrase coas súas orixes. O rebobinado da súa traxectoria lévanos por escenarios de toda Europa, A Arxentina, O Uruguai...

"Estiven na Arxentina porque hai bos aires, en Montevideo, porque así quedaba en vídeo... Eu dicía ao principio que puxen uns zapatos de cores e longos para percorrer o mundo máis rápido ca ninguén", explica Tanito con sorna.

Ser pallaso dignifica. É o seu lema. Sempre disposto a arrincar un sorriso, ata nas situacións máis complicadas.

"Por iso non entendo a xente que usa o termo pallaso pexorativamente. Se soubesen o grao de satisfacción cando lle forzas un sorriso a alguén que está en fase terminal...".

Tivo unha infancia difícil, no Ourense dos anos 50 e 60, sen nai, que morreu cando era un bebé, pero coa inspiración do padre Silva: "O cura, amigo meu, díxome un día que eu era benposteño de honor".

Xira

Corenta anos despois daqueles primeiros pasos, Tanito segue coa mesma ilusión, planeando unha nova xira europea para o próximo outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade