Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pantín Classic agarda recibir 85.000 visitantes ata o vindeiro domingo

O Pantín Classic agarda recibir 85.000 visitantes ata o vindeiro domingo

Pantín, polo que pasan os mellores surfistas do mundo, é máis que un evento deportivo

Espazos para o lecer con música en directo e tamén de degustación gastronómica

G24.gal 12/07/2022 22:31

O Pantín Classic aglutina ao redor da praia de Valdoviño tanto a amantes do surf como a turistas de visita pola zona. Así se deixa notar en aloxamentos turísticos e na hostalería.

"Eu levo aquí máis de 25 anos e aínda non me dou afeito a isto. É unha hecatombe, pero o certo é que estamos encantados", asegura Rosana García, hostaleira do bar Aqualón situado a carón da praia de Pantín.

O Pantín, polo que pasan os mellores surfistas do mundo, é máis que un evento deportivo.  Conta con pista de skate e unha wave ramp. Esta oferta lúdica complétase cunha ampla proposta de lecer.

"Este ano o tempo acompaña bastante e si que se está a ver bastante movemento de xente", apunta Toni Castro, da tenda Core Surfing, que permite probar e mesmo mercar todo tipo de táboas nas instalacións do propio Pantín.

Espazos para o lecer, con música en directo, e tamén de degustación gastronómica. Na zona de food trucks, Sonia Ferré, de Hanna Vegan Food, dinos que vén de "Barcelona, de Cataluña, e encántanos vir aquí porque o ambiente está moi chulo e é moi guai".

Cara á fin de semana agárdase que a afluencia de visitantes se intensifique coa celebración das probas do circuíto internacional de surf. "A partir de mércores, xoves e cara ao venres e a fin de semana vaise notar que vai vir cada vez máis público e agardamos que se acheguen ata aquí unhas 85.000 persoas", segundo Yago Barreto, do Comité organizador do Pantín Classic.

A cita é ata o domingo día 17 na praia de Pantín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade