Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Normalmente é a propia vítima e a súa familia quen advirte do acoso escolar"

"Normalmente é a propia vítima e a súa familia quen advirte do acoso escolar"

A psicóloga infantil, Elena Rodríguez Borrajo, explica nunha entrevista que se constata un incremento de casos e ve necesario orientar os centros escolares cara á educación emocional

Os especialistas avogan por programas con adultos de referencia para corrixir a conduta dos acosadores

G24.gal 02/05/2023 10:52

Segundo un dos últimos estudios do Ministerio de Educación, o 10 % dos escolares de primaria afirman sentirse acosados. Este luns a Fundación ANAR publicaba un estudo concluíndo que 1 de cada 4 alumnos son vítimas do acoso escolar nas aulas.

Elena Rodríguez Borrajopsicóloga infantil, no Día Internacional do Acoso Escolar, explica nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega que nos últimos anos constan nas consultas un incremento de casos que se abordan desde as consultas. Un problema do que maioritariamente advirten familias e as propias vítimas

Os mestres e compañeiros exercen como detectores de xeito máis ocasional. Na abordaxe do acoso escolar, a atención das familias é clave. 

Rodríguez Borrajo traslada que o acoso escolar é multifactorial, e para abordalo cómpre actuar nas escolas.

"Precisamos un cambio na sociedade. Cambios nos centros educativos, menos académicos e máis orientados ao acompañamento dos rapaces. Fomentar a educación emocional e regular o uso das tecnoloxías nos máis novos", asegura.

Engade esta especialista que o acoso é superable, pero para iso é fundamental o apoio da familia, e noutras ocasións, axuda profesional externa.

Tan importante como axudar a superar este trauma nas vítimas é tratar de corrixir a conduta dos acosadores. Para o que Rodríguez Borrajo aposta por programas con figuras de referencia capaces de reconducir este tipo de comportamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade