Publicador de contidos
Publicador de contidos

O parador da Costa da Morte quedou inaugurado case vinte anos despois do Prestige

O parador da Costa da Morte quedou inaugurado case vinte anos despois do Prestige

 Leva aberto algo máis de dous anos pero o acto oficial pospúxose ata hoxe por mor da pandemia.

 

En Muxía, a ministra de Industria subliñou que o establecemento é un recordo da catástrofe do Prestige e un símbolo da súa recuperación. 

G24.gal 22/10/2022 21:08 Última actualización 22/10/2022 21:23

O parador da Costa da Morte chega á súa inauguración sen un só cuarto libre este sábado. Dende que abriu as súas portas en xuño do 2020 a ocupación do hotel rolda o 90 por cento. 

Por aquí queremos que pasen como mínimo, que seguro que pasarán, o millón dousecentos mil amigos de paradores. Investimos uns trinta millóns de euros para ter un dos paradores máis bonitos, unha das xoias da coroa dos paradores, di Pedro Saura, presidente de Paradores.

Situado en Muxía e  comprometido tras a catástrofe do Prestige hai case 20 anos, o hotel proxectouse como un referente de sostibilidade  e boas prácticas ambientais, segundo explicou a ministra de Industria, Reyes Maroto.
 

É un símbolo para recordar esa catástofe pero tamén para converter esa catástrofe xusto no contrario, un símbolo de sostibilidade e de integración. A memoria hai que lembrala, vir ao parador é lembrar o duro pero tamén non esquecelo para que poñamos todos os nosos medios para evitar que sucedan estas catástrofes.

A ministra de Industria adiantou que o Goberno vai investir 23 millóns de euros en seis dos paradores galegos, entre eles os de Santiago, Monforte e Baiona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade