Publicador de contidos
Publicador de contidos

O párkinson duplica a súa prevalencia e supera xa os 10.000 pacientes en Galicia

O párkinson duplica a súa prevalencia e supera xa os 10.000 pacientes en Galicia

É a enfermidade neurodexenerativa crónica máis frecuente despois do alzhéimer

G24.gal 11/04/2023 14:36 Última actualización 11/04/2023 14:52

Un acto na praza de María Pita da Coruña foi este 11 de abril o principal para conmemorar en Galicia o Día o Párkinson. E para divulgar, porque estar informados e recoñecer ben os síntomas é imprescindible para diagnósticar a tempo.

"Enfermidade moi recoñecida polo tremor, pero moi pouco coñecida"

"Do párkinson descoñécense síntomas como a lentitude de movementos, os bloqueos da marcha, a depresión, a ansiedade e tamén dificultades para o control de impulsos", explica Mila Oreiro, directora da Asociación de Párkinson Galicia-Coruña, "é unha enfermidade moi recoñecida polo tremor, pero moi pouco coñecida".

Hoxe os pacientes pediron á sociedade que elimine estigmas e respecte os tempos das persoas con párkinson. Ao tempo que lembraron que os novos tratamentos e especialmente a actividade física melloran a calidade de vida dos pacientes.

"Si, o exercicio esta totalmente recomendado polos neurólogos. Eu xogo ao pádel e antes ía ao fútbol de árbitro. Levo tres anos cunha medicación subcutánea que me vai moi ben porque me permite máis estabilidade", argumenta Ángel Martínez Carballeiro, Lito, un paciente ao que lle diagnosticaron párkinson fai 15 anos. 

As persoas con párkinson teñen, moita xente non sabe, períodos de bloqueo, que eles denominan de off, períodos que aumentan co estrés e que poden diminuír con estes tratamentos.

No acto do día mundial demandaron máis recursos para investigar e tamén máis atención para as zonas rurais onde a moitos pacientes non lles é doado acceder aos servizos de fisioterapia, logopedia ou psicoterapia que ofrecen as asociacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade