Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento tramitará a lei de xogo da Xunta e non a do PSdeG

O Parlamento tramitará a lei de xogo da Xunta e non a do PSdeG

Os deputados do PPdeG convidaron os grupos da oposición a que durante a tramitación parlamentaria do texto da Xunta "presenten emendas" para enriquecer a norma

Aínda que a Cámara tombou a proposta do PSdeG, Formoso asegurou que a iniciativa activou o "debate" parlamentario e é "xa unha gran vitoria"

O vicepresidente Calvo e Formoso conversan no Parlamento (EFE J Lavandeira)
G24.gal 04/10/2022 16:01

O PPdeG rexeitou este martes no pleno do Parlamento galego a toma en consideración da proposición de lei do PSdeG para regular o xogo ao entender que debe debaterse a norma aprobada pola Xunta a pasada semana.

Con todo, os deputados do PPdeG convidaron aos grupos da oposición a que durante a tramitación parlamentaria do texto do Goberno galego "presenten emendas" para enriquecer a norma.

Mentres tanto, os socialistas celebraron que, a pesar de que a súa proposta non terá máis percorrido na Cámara, si permitiu "obrigar" a Xunta a levar a cabo o debate sobre a situación do xogo en Galicia.

"Movemos as paredes máis firmes" e a Xunta "axeonllouse e traerá a lei que non quería traer e que tiñan parada intencionadamente", sinalou o deputado do PSdeG Julio Torrado, encargado de defender a proposición lexislativa na sesión plenaria.

Durante o debate, estivo presente na tribuna de convidados o líder do PSOE en Galicia, Valentín González Formoso, que mantivo unha breve reunión co vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para abordar aspectos "técnicos da lei".

Formoso, que non é deputado no Parlamento, considerou que o feito de que a iniciativa do PSdeG vaia a xerar un "debate" parlamentario sobre a situación do xogo en Galicia é "xa unha gran vitoria".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade