Publicador de contidos
Publicador de contidos

O parricida de Moraña págalle 259 euros á nai das súas dúas fillas, ás que asasinou cunha radial

O parricida de Moraña págalle 259 euros á nai das súas dúas fillas, ás que asasinou cunha radial

A sentenza condenábao a unha indemnización de 300.000 euros

G24.gal 08/06/2023 19:01

David Oubel, o coñecido como parricida de Moraña, só abonou 259 euros á nai das súas dúas fillas, de 9 e 4 anos, ás que asasinou cunha serra radial en xullo de 2015, crime polo que foi condenado a prisión permanente revisable.

Foi a propia Rocío Viéitez a que, a través das súas redes sociais, revelou que acaba de recibir un pago de 258,95 euros por parte de Oubel en concepto de responsabilidade civil polo asasinato das súas fillas.

A sentenza contra o parricida reflectía que o acusado debía abonar unha indemnización de 300.000 euros á nai das dúas nenas.

"Como non contaba nin con iso, ata foi unha sorpresa", ironizou Viéitez nunha mensaxe que publicou no seu perfil de Facebook.

Este pago chega seis anos despois do xuízo celebrado na Audiencia de Pontevedra contra David Oubel, que foi o primeiro condenado en España á pena de prisión permanente revisable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade