Publicador de contidos
Publicador de contidos

O paso da auga afunde parte do solo dunha urbanización de Culleredo

O paso da auga afunde parte do solo dunha urbanización de Culleredo

A terra abriuse nun camiño situado ao carón das vivendas

Os afectados piden que se tomen medidas porque temen que a auga dane os cimentos das casas

G24.gal 30/12/2022 14:02

O paso da auga deixou a súa pegada nas zonas comúns da urbanización Augas Mansas, en Culleredo. A terra abriuse, literalmente, neste punto e creou buratos noutros lugares. Os problemas agraváronse en novembro, aínda que xa comezaran antes. Os veciños están moi preocupados polos danos que isto pode causar nas vivendas.

"Porque isto vai a máis, é terrible porque seguen entrando borrascas e polo tanto aquí hai problemas tanto nas vivendas como na baixada esta onde pode caer unha persoa, romper unha perna ou matarse", conta Rosa Álvarez, unha das veciñas afectas.

"Aquí non se sabe o que hai. Podes crer que non pasa nada e está pasando a auga por debaixo e pode facer quen sabe que porque a auga acaba con todo", engade outro veciño, Jesús Manuel García.

Eles mesmos gravaron uns vídeos antes de que cortaran o paso polo camiño máis afectado, mandáronllos ao Concello e alertaron a Augas de Galicia, pero, segundo denuncian, ninguén soluciona o problema.

Descoñecen a causa, pensan que pode deberse ás obras do trazado da terceira rolda ou á falta de limpeza do regato situado ao carón das casas.

"Hai ratas e cando chove soben e o que está pasando vai ti a saber se é porque o río está atrancado por falta de limpeza e nada máis", di Jesús Manuel.

Piden que se tomen medidas axiña para evitar males maiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade