Publicador de contidos
Publicador de contidos

Enoturismo: o Pazo de Almuíña converte en enólogos por un día os visitantes

Enoturismo: o Pazo de Almuíña converte en enólogos por un día os visitantes

G24.gal 06/11/2021 15:39

Pipeta en man, os asistentes a esta actividade comezan a elaborar o seu propio viño.

Enriba das mesas situadas nos exteriores desta adega, amais do mesturador, teñen as catro castes desta subzona coas que elaborarán a súa mestura.

Unha experiencia única que quere fomentar o acceso á cultura vitivinícola coa súa degustación, pero tamén coa súa elaboración.

É unha maneira máis de celebrar o Día do Enoturismo, pondo en marcha unha programación especial para visitantes e hóspedes previa reserva que serve tamén para dar a benvida á nova tempada de actividades de outono-inverno.

Este pazo datado no século XVII é propiedade do grupo de adegas Martín Códax. Situado en Arbo, pertence a unha das subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas, en concreto á do Condado do Tea.  Aquí o clima e as temperaturas marcan as particularidades desta uva e o seu emparrado.

Os enólogos, é dicir, eles, déronlles a estas castes unha singularidade diferente. O seu traballo, e tamén o noso, remata aquí, cun embotellado personalizado de sabores propios.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade