O peche que ameaza o único criadeiro de ostra plana de Galicia situado no Grove non é o único caso en Galicia

A normativa de Costas do Goberno central afecta a máis de 200 empresas, 59 lonxas e outras instalacións
Desde a cadea mar-industria piden frear a inseguridade xurídica en que se encontran as empresas
Entre as case 4.000 edificacións que están en risco pola normativa de Costas do executivo central cóntanse 232 empresas, 59 lonxas, 24 gasolineiras e outras tantas depuradoras, ademais de mercados municipais, centros de saúde e cámpings. Os empresarios advirten do impacto na actividade económica e no emprego.
É o caso do único criadeiro de ostra plana de Galicia que eleva 40 anos desenvolvendo a súa actividade no Grove. O ministerio denegoulles a posibilidade de ampliar as piscinas para cubrir a demanda.
O Goberno central recoñece que a proposta de ampliación nos terreos actuais non foi admitida, pero di que ten dispoñible unha parcela privada ao lado para facelo.
A empresa xa presentou alegacións e agóra prepara un informe para demostrar que non existen terreos colindantes para a ampliación das piscinas coa que pretenden dobrar a produción.