Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pegasus de vixilancia de Tráfico regresa a Galicia seis meses despois da súa retirada

O Pegasus de vixilancia de Tráfico regresa a Galicia seis meses despois da súa retirada

O helicóptero da Dirección Xeral de Tráfico cambia de base e vai operar desde A Lavacolla

Ademais de sobrevoar as estradas galegas tamén vai vixiar as de Asturias, Cantabria, León e Zamora

G24.gal 05/05/2024 10:30 Última actualización 05/05/2024 10:46

O helicóptero da Dirección Xeral de Tráfico regresa a Galicia, seis meses despois da retirada desta unidade de vixilancia aérea.

Está equipado con cámaras moi potentes que permiten ler as matrículas dos vehículos incumpridores e leva o famoso radar Pegasus que mide a velocidade e calcula as coordenadas do infractor.

"O caso é que se o helicóptero está sempre nos fai comportarnos algo".

"Está bastante ben porque hai moito tolo polas estradas e está ben que controlen, é necesario".

Hai dez anos que entrou en servizo. Na etapa anterior tivo a base na Coruña, pero xa leva varios días nas instalacións do aeródromo militar da Lavacolla, desde onde vai operar.


"Está ben que controlen un pouco porque hai xente que non cumpre as normas e pon en perigo aos demais".

"Hai cada cousa pola estrada que tes que ir con sete ollos. Creo que está ben que se controle. O que vai ben non ten problema de Pegasus nin de radares nin de nada".

Ademais das estradas galegas, o helicóptero da DXT vai vixiar as de Asturias, Cantabria, León e Zamora.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade