Publicador de contidos
Publicador de contidos

O peor terremoto nunha década deixa 11.200 persoas mortas en Turquía e Siria

O peor terremoto nunha década deixa 11.200 persoas mortas en Turquía e Siria

Máis de 53.000 quedaron feridas e a situación das que sobreviviron é dramática

Segue a busca de centos de familias baixo os cascallos en ambos os dous países

Bombeiros de Ferrol agardan coñecer a súa misión en Turquía

Decenas de cadáveres acumúlanse no pavillón deportivo de Kahramanmaras
G24.gal 08/02/2023 13:46 Última actualización 08/02/2023 14:05

Dous días e medio despois dos devastadores terremotos que sacudiron o sur de Turquía e o noreste de Siria, segue aparecendo vida baixo os cascallos.

Cada unha que se recupera celébrase con efusión, como ocorreu cunha nena rescatada xunto ao pai e un irmán na localidade siria de Bisine.

Os equipos de socorro traballan todo o rápido que poden porque saben que a partir desta noite atopar alguén con vida baixo os edificio derrubados vai ser case un milagre.

"O meu sobriño, a miña cuñada e a súa irmá están atrapados baixo as ruínas e non hai sinal de vida. Non podemos chegar a eles. Tentamos falar con eles, pero non responden. Non sabemos como intervir para salvalos. Estamos á espera de axuda", di Samira, mestra nunha gardería da cidade turca de Hatay.

A cifra de persoas mortas non deixa de medrar e supera as 11.200 entre ambos os dous países,  8.574 en Turquía e 2.662 en Siria. Os pavillóns polideportivos, habilitados como depósitos de urxencia, acumulan ducias de cadáveres que non poden ser enterrados.

Máis de 53.000 persoas quedaron feridas e ateigan os hospitais que se manteñen en pé. A situación das que sobreviviron é dramática, carecen dos servizos básicos porque a maioría das infraestruturas están destruídas e deben afrontar temperaturas baixo cero.

Nos pobos pequenos e nas aldeas máis remotas a situación é aínda peor, alí a axuda non chega e deben apañarse cos seus escasos medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade