O pesqueiro apresado en Camariñas traía 45 fardos con 1.300 kgs de cocaína a bordo
O pesqueiro apresado en Camariñas traía 45 fardos con 1.300 kgs de cocaína a bordo
O único detido na operación antidroga pasará este venres a disposición xudicial
Axentes de Aduanas e da Policía Nacional detiveron unha persoa en relación cun alixo de 1.300 kgs de cocaína comisado a bordo do pesqueiro Nuevo Furuno.
O barco ten o porto base en Camelle. Segundo din os veciños, un mozo desa vila vendéullelo hai uns catro meses a dúas persoas de Boiro que viven nunha zona de Camariñas chamada Brañas Verdes.
O barco está amarrado no peirao de Santa Mariña, en Camariñas, custodiado por unha ducia de axentes da Policía Nacional, incluída unha unidade canina.
O rexistro e a descarga da droga realizouse en presenza do, en principio, único detido neste operativo do grupo contra o crime organizado da Policía Nacional e a Aduanas. Só trascendeu que é galego. No seguimento da descarga contabilizáronse 45 bultos.
Está previsto que o arrestado pase este venres a disposición do Xulgado de Instrución numero 2 de Corcubión.