O plan Conecta FP busca achegas do sector forestal e da madeira
O plan Conecta FP busca achegas do sector forestal e da madeira
O obxectivo é adaptar a formación ás necesidades das empresas
Axustar a oferta formativa ás necesidade reais das empresas da nosa comunidade e dos territorios, ese é o obxectivo do plan conecta FP Galicia. En Santiago, celebrouse este luns o primeiro encontro sectorial para coñecer as necesidades que ten a día de hoxe o sector forestal e da madeira.
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación FP e Universidades, apuntou que as empresas terán que dicir o que precisan no ámbito laboral e o sistema educativo terá que adaptar eses requirimentos e posteriormente incluílos nun plan específico.
Empresas que participan neste plan como Finsa ou Focus Carpinteiros aseguran que colaborar no deseño da oferta formativa será beneficioso para o tecido produtivo e tamén para o propio alumnado.
Unha das principais vantaxes deste plan é o aumento da empregabilidade, tal e como apuntan dende Santos Equipamento de Interiores.
A Xunta xa anunciou a creación de 9.500 novas prazas de Formación Profesional atendendo ás necesidades dos diferentes sectores produtivos.