Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Poio Pescamar derrota ao Marín no derbi pontevedrés (3-2)

O Poio Pescamar derrota ao Marín no derbi pontevedrés (3-2)

G24.gal 07/01/2023 22:47

No derbi da ría entre Poio e Marín, triunfo das de Poio pola mínima, tres goles a dous. O primeiro gol chegou aos sete minutos e levou a sinatura da arxentina Julia Dupuy.

Igualou no minuto 11 Lara Balseiro para o Marín Futsal. Antes do descanso, a internacional Luci marcou o dous a un que se mantería ata os últimos seis minutos de partido. Daquela, Marta Peñalver logrou o terceiro do Poio e acto seguido Ceci devolveu a emoción ao derbi co 3-2.

Non foi suficiente, Triunfo final do Poio, o décimo segundo consecutivo no que vai de liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos