Publicador de contidos
Publicador de contidos

O polbo xa está nos mercados tras o levantamento da veda

O polbo xa está nos mercados tras o levantamento da veda

O de tamaño pequeno véndese nalgúns postos a uns 15 euros o quilo, e a 18 ou 20 o máis grande

G24.gal 04/07/2023 14:05

No mercado de Pontecesures xa teñén á venda os primeiros polbos da campaña. "Está a 15 euros/kg pero é pequeno, o tamaño grande de todo anda sobre 18 ou 20 euros", di unha praceira.

Iso, canto ao prezo; a calidade está garantida, segundo salientan, pola súa orixe. "De calidade moi ben. Ao ser de aquí, da ría, sempre é bo".

Noutro mercado, no de Padrón, moitos clientes xa estaban a agardar o comezo da nova tempada. "Xa teñen gana del. O que come polbo de aquí nótao", conta outra praceira.

As clientas e clientes que se achegan aos mercados valoran a calidade do polbo galego, aínda que non todas están dispostas a pagar os prezos actuais.

O que non queira o non poida pagar tanto, pode esperar a que avance un pouco a campaña e ver se baixan os prezos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade