Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Polo Aeronáutico de Galicia desenvolverá un simulador para controlar o tráfico aéreo

O Polo Aeronáutico de Galicia desenvolverá un simulador para controlar o tráfico aéreo

Indra e Boing deseñarán a tecnoloxía, que se construirá nas Rozas no prazo de 16 meses

G24.gal 18/01/2022 20:34

O Polo Aeroespacial de Galicia pecha un dos seus primeiros fitos coa adxudicación do proxecto de construción dun simulador para controlar o tráfico aéreo.

O vicepresidente económico da Xunta e o director xeral do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico do Goberno central reuníronse esta tarde para concretar o proxecto, que contará cun investimento de 12,75 millóns de euros e estará rematado a mediados do ano que vén.

As empresas Indra e Boing serán as encargadas de crear esta tecnoloxía, que se desenvolverá no Centro de Investigación Aerotransportada das Rozas, en Lugo.

Francisco Conde explica así o proxecto: "A través da colaboración entre as administracións central e autonómica, Indra e Boing desenvolverán este proxecto que vai permitir consolidar o coñecemento, avanzar no desenvolvemento de tecnoloxía e situar Rozas na vangarda do sector aeronáutico".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade