O porco celta abre mercado en restaurantes ingleses
O porco celta abre mercado en restaurantes ingleses
Os británicos valoran a crianza e a clase de carne
Haberá máis visitas de restauradores e distribuidores
Salgado, en embutido, á prancha ou cocido. Hai moitas formas de preparar o porco celta, e en todas sae ben. Iso comprobaron os responsables dun restaurante punteiro de Londres que viaxaron ata Galicia para coñecer como se crían estes animais e que é o que fai única a súa carne.
A valoración foi tan positiva que xa hai distribuidores ingleses traballando para importar o produto. E é que se trata dunha carne moi diferente.
Os ingleses tamén estudan a posibilidade de servir leitón celta nos restaurantes, algo aínda sen explotar en Galicia, onde o normal é agardar uns oito meses ata que o porco chega aos 150 quilos. En calquera dos dous casos, nótase o traballo dos criadores.
Para os vindeiros meses están previstas novas visitas de xefes de cociña ingleses para seguir promovendo o porco celta na Gran Bretaña.