Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP anima o PSOE a un debate interno para non ceder ao independentismo

O PP anima o PSOE a un debate interno para non ceder ao independentismo

A voceira do Goberno esixe a fin dos chamamentos ao transfuguismo e á corrupción

O PP agarda unha mobilización masiva este domingo contra a amnistía

A voceira popular no Congreso, Cuca Gamarra
G24.gal 23/09/2023 15:09 Última actualización 23/09/2023 17:34

Na véspera do acto convocado polo PP en Madrid contra a amnistía ao procés, o Partido Popular anima os socialistas a que recapaciten e non cedan ás peticións dos independentistas. E o Goberno en funcións critica os chamamentos á corrupción e ao transfuguismo.

O PP espera reunir este domingo en Madrid unhas 10.000 persoas contra unha virtual lei de amnistía ao procés. Á mobilización, na que a presidenta madrileña exercerá como anfitrioa, asistirán todos os baróns territoriais e os expresidentes Aznar e Rajoy. Será o prólogo ao debate de investidura de Alberto Núñez Feijóo, que comeza o martes.

Unha investidura que a líder de Sumar considera fracasada. Yolanda Díaz asegura que a dereita entrou nun proceso deconstituínte contra un goberno progresista que aínda non naceu.

"Tomemos a investidura de Feijóo como a antesala do que vai vir porque Feijóo xa fracasou, o PP e Abascal xa fracasaron e nós ímolo facer sen berrar, sen odiar".

A voceira do goberno en funcións, Isabel Rodríguez, cre que no acto deste domingo, Feijóo só pode ofrecer un programa da peor oposición, con chamamentos ao transfuguismo e á corrupción.

"Esixirlle ao señor Feijóo que cese nos chamamentos á corrupción, ao transfuguismo,  porque os socialistas témolo claro e imos responderlles aos españois co mandato que os españois fixeron nas urnas".

A voceira do grupo popular no Congreso, Cuca Gamarra, lembra que aínda hai tempo e anima os socialistas a facer un debate interno.

"Aínda queda tempo para un debate interno se é que Pedro Sánchez o permite, que os socialistas recapaciten se merece a pena cruzar esa liña que están dispostos a cruzar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade