O PP arremete contra Vox por "facerlle a campaña a Pedro Sánchez"
O PP arremete contra Vox por "facerlle a campaña a Pedro Sánchez"
Os socialistas seguirán advertindo sobre os pactos do PP-Vox sen medo a que lle pase factura coma en Andalucía
Podemos mantén a presión sobre Yolanda Díaz e asumiría unha primarias abertas para elixir candidatos
A maquinaria electoral non se detén. A catro meses das municipais e autonómicas, os partidos engraxan as súa maquinaria.
Os socialistas seguirán advertindo sobre os pactos PP-Vox sen medo a que lle pase factura coma en Andalucía. A voceira da executiva socialista é optimista porque "se botamos unha ollada ao que pasou hai catro anos, máis ben foi ao contrario".
O Partido Popular arremete contra Vox. Acúsaos de facerlle a campaña a Pedro Sánchez con iniciativas "absolutamente insensibles" coma a de Castela e León. Segundo o voceiro do PP para campaña, Borja Sémper, os de Abascal "acoden ao rescate do Goberno desviando a atención e conseguindo que non se fale do que realmente lle preocupa aos cidadáns coma a crise económica ou a reforma do Código Penal".
En Podemos seguen os chamamentos a Yolanda Díaz para que concrete a súa estratexia electoral. Están dispostos a ir a unhas primarias abertas para elixir candidatos e a aceptar unha mesa de partidos con Esquerda Unida e Sumar para negociar a fórmula coa que van concorrer ás eleccións de maio.
Ciudadanos loita contra si mesmo. Esta mañá, primeira xuntanza da nova dirección. Ten 180 días para evitar a irrelevancia política que lle prognostican as enquisas. En febreiro celebrarán primarias para elixir candidatos as eleccións de maio. De momento non tomaron ningunha decisión sobre o futuro de Edmundo Val, o voceiro do partido no Congreso.