Cargando resultados...
O PSdeG acadaría a maioría absoluta en Vigo e o PP en Ferrol
O PSdeG acadaría a maioría absoluta en Vigo e o PP en Ferrol
Segundo unha enquisa publicada por La Voz de Galicia, populares e socialistas poderían gobernar nestas cidades sen ter que pactar
G24.gal
29/05/2022 11:24
A un ano das eleccións municipais, unha enquisa que publica La Voz de Galicia apunta a dúas maiorías absolutas nas cidades galegas.
Segundo a sondaxe, o PP gañaría en Ferrol co 45 % dos votos e 13 edís, ao medrar tres puntos e medio. Pola súa banda, Abel Caballero repetiría como alcalde en Vigo. Os socialistas perderían votos, pero aínda así conseguirían 20 dos 27 concelleiros.
Ademais, o PSdeG sería a forza máis votada na Coruña, en Santiago e en Ourense; o PP en Lugo e o BNG en Pontevedra.