O PP esíxelle por carta a Nadia Calviño negociar os fondos europeos
O PP esíxelle por carta a Nadia Calviño negociar os fondos europeos
A carta enviouse despois de que o Consello de Ministros aprobara o martes a addenda ao plan de recuperación, que leva aparellada a recepción de 94.000 millóns da UE
Candidatos do PP para presidir varias comunidades autónomas e conselleiros de Facenda autonómicos deste partido dirixiron unha carta á vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, para esixirlle negociar 94.000 millóns de euros dos fondos recuperación.
A carta enviouse despois de que o Consello de Ministros aprobase o martes a addenda ao Plan de Recuperación, que leva aparellada a recepción deses 94.000 millóns.
Tendo en conta a celebración de eleccións xerais o próximo 23 de xullo, os representantes do PP piden a Calviño esa negociación antes de remitir a addenda á Comisión Europea e de asumir por tanto obrigacións que afirman que poden conducir a repetir erros do pasado.
Esixen poder presentar as súas propias propostas e tomar entre todos unha decisión sobre como ha de presentarse o documento a Bruxelas e quéixanse da falta de transparencia do Goberno e dun diálogo insuficiente coas comunidades, que subliñan que son as que teñen que executar despois os proxectos.
Nadia Calviña dixo que é o momento de seguir avanzando cun plan de recuperación e uns fondos europeos que nos custou moito conseguir e que o PP só quere boicotealo.