Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pide que se anule a validación da reforma laboral tras o erro no voto dun dos seus deputados

O PP pide que se anule a validación da reforma laboral tras o erro no voto dun dos seus deputados

A dirección do PP asegura que se tratou dun erro informático e pide que se rectifique

G24.gal 03/02/2022 21:28

O Partido Popular está reunido coa presidenta do Congreso para tentar anular a validación da reforma laboral. O texto foi aprobado esta tarde no Congreso pola mínima e despois de que un deputado popular votase si. A dirección do PP asegura que se tratou dun erro informático e pide que se rectifique.

Ademais, Unión do Pobo Navarro pediulles aos seus dous deputados que entreguen as súas actas por desobedecer as ordes da dirección e votar en contra a reforma. O texto, lembremos, quedou aprobado por 175 votos a favor contra 174 en contra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade