Publicador de contidos
Publicador de contidos

O premio á mellor tenda especializada recaeu nun negocio de Lugo

O premio á mellor tenda especializada recaeu nun negocio de Lugo

A distinción foi outorgada de xeito anónimo polos usuarios da Guía de Viños Gourmets

A entrega do galardón tivo lugar no transcurso do Salón Gourmet de Madrid

G24.gal 22/04/2023 14:07 Última actualización 22/04/2023 14:15

É a mellor tenda especializada de España, un premio que acaba de recibir a súa propietaria durante a celebración da 36 edición do Salón Gourmet en Madrid.

Concedido de forma anónima por los usuarios de la guía Vinos Gourmets amósase moi satisfeita polo galardón, que asegura que non esperaba. A tenda leva sete anos aberta neste emprazamento, xusto fronte á praza de abastos de Lugo e ao pé do mercado municipal.

Traspasar as portas deste pequeno comercio supón achegarse a produtos moi escollidos, relacionados co mar, os doces, pero tamén hai legumes e embutidos e os viños ocupan un lugar privilexiado. Con todo, o que destaca é atención que Pilar dedica a cada cliente.

Aínda impresionada pola distinción conseguida, asegura que o premio non lle cambiará a vida. De momento, non cesa de recibir parabéns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade