Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, condenado a dous anos, que non cumprirá

O presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, condenado a dous anos, que non cumprirá

Carlos Fernández, condenado por administración desleal, evitará a prisión tras pactar o pago de 158.000 euros

O presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra foi detido en Vigo en marzo de 2021. O presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra foi detido en Vigo en marzo de 2021.
G24.gal 09/05/2024 10:49

O presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, Carlos Fernández, aceptou unha condena de dous anos de prisión, por un delito de administración desleal, que non cumprirá e ademais quedou inhabilitado profesionalmente por dous anos.

A sentenza, firme, acordouse no acto de conformidade que se celebrou este xoves na sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo.

A Fiscalía retira os cargos contra a súa muller e a súa filla

A Fiscalía retirou os cargos contra a muller e a filla do presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, quen chegou a un preacordo de conformidade co Ministerio Público por un delito de administración desleal.

Ademais da pena de 2 anos de prisión, terá que abonar unha multa de 1.080 euros e será inhabilitado por dous anos.

Carlos Fernández, condenado por administración desleal, evitará a prisión tras pactar o pago de 158.000 euros

En concepto de responsabilidade de civil, foi condenado a case 158.000 euros polos danos irrogados á entidade pública, unha cifra que pagará de maneira fraccionada, cunha cantidade importante como primeiro pago.

Abonar esa indemnización e que non delinca nos próximos tres anos, a partir de hoxe, son as condicións que se estipularon para que evite a súa entrada en prisión.

En marzo de 2021, o presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, a súa muller e unha das súas fillas, ingresaron en prisión provisional -así estiveron ata xullo dese ano- pola presunta comisión dos delitos de branqueo de capitais, falsidade documental e administración desleal, o único polo que foi condenado.

Os tres foran detidos tras os rexistros efectuados durante horas no domicilio desta familia e na propia sede colexial, situada na cidade viguesa, en busca de documentación e probas.

Aquela investigación recaeu na Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional.

O secretario da entidade, Faustino Portela, chegou a acusar publicamente a Fernández por xestión opaca e supostas irregularidades.

O colexio debía entón ao Consello Xeral de España cotas que eran de pago obrigatorio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade