O prezo do leite en orixe rexistra unha suba histórica e algunhas industrias xa o pagan a 57 céntimos
O prezo do leite en orixe rexistra unha suba histórica e algunhas industrias xa o pagan a 57 céntimos
O prezo do leite en orixe rexistra unha suba histórica e algunhas industrias xa o pagan a 57 céntimos
Todo apunta a que esta tendencia á alza vai continuar
Unha suba provocada pola caída brusca da produción e o temor ao desabastecemento
O prezo do leite en orixe rexistra unha suba histórica. Algunhas industrias págano xa a 57 céntimos e todo apunta a que esta tendencia á alza vai continuar
"O mes pasado pagáronnolo a 47,30 e agora en outubro a 56,50 máis calidades e IVE", conta José Luis Pérez, gandeiro na Pastoriza.
Unha suba pola que o sector leva meses loitando, pero que chega ante a caída brusca da produción e o temor ao desabastecemento.
"Agora mesmo non hai medios para producir máis leite, non hai xovencas para aumentar a produción, vimos dunha crise de moitos anos", explica Juan Novo, que ten unha explotación en Cospeito.
A crise levou a moitos gandeiros a desfacerse de cabezas de gando. 50.000 nun ano e medio en toda España.
"Para producir un litro de leite antes necesitabas 22 litros, agora xa 25, elimináronse animais máis os que pechan as explotacións por falta de rendibilidade, menos animais, menos leite", asegura José Luis.
Isto desatou a pugna das industrias polos produtores, a baza que teñen é mellorarlles os prezos. "Empezamos case a cubrir custos, pero se segue subindo a enerxía e os concentrados...", engade este gandeiro da Pastoriza.
Por iso o sector prefire ser prudente. "Ninguén che asegura que o ano que vén non volvas estar producindo por debaixo dos custos, e non hai maneira de paralo, eles deciden o que vas cobrar", conta Juan Novo.
De momento agárranse a esta suba, uns 23 céntimos desde que comezou o ano.