O primeiro premio da Lotaría Nacional deixa 720.000 euros entre Lugo e Sarria
O primeiro premio da Lotaría Nacional deixa 720.000 euros entre Lugo e Sarria
Tres administracións venderon doce décimos do 13.440, o número agraciado
A maior cantidade, 600.000 euros, foi parar a clientes da administración das galerías Villamor na capital luguesa
Lugo e Sarria foron as localidades galegas afortunadas no sorteo da Lotaría Nacional deste sábado 4 de marzo. Dúas administracións da cidade e un punto de venda en Sarria repartiron os 720.000 euros distribuídos en doce décimos.
O primeiro premio do sorteo caeu no 13.440. Na administración das galerías Villamor na praza de San Domingos de Lugo vendéronse dez décimos, todos eles físicos, aos que lles corresponden en total 600.000 euros.
A clientela -din na administración- é tanto xente da cidade coma de paso polo que é difícil saber a quen lle sorriu a fortuna. Na rúa Nova na administración número 3 tamén se repartiu a sorte nun décimo despachado en máquina polo que o comprador logra 60.000 euros.
Ata Sarria tamén se desprazou a sorte con outro décimo do 13.440 vendido por máquina, un sistema que permite pedir un número concreto ou deixar que saia un ao azar. O afortunado mercouno no estanco Gallego.