Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG mantén a aposta por Besteiro

O PSdeG mantén a aposta por Besteiro

A Executiva dos socialistas galegos reuniuse para analizar os resultados electorais

O secretario xeral sinalou que haberá cambios

Besteiro agradece o apoio recibido e asegura que se abre unha nova etapa "con ilusión e compromiso"

Reunión da Executiva Nacional do PSdeG en Santiago
G24.gal 21/02/2024 19:12 Última actualización 21/02/2024 21:07

O líder do PSOE galego, Valentín González Formoso, recoñoceu os malos resultados que a formación obtivo nas eleccións, pero reiterou este mércores o apoio ao candidato co que os socialistas concorreron ás eleccións do 18 de febreiro, José Ramón Gómez Besteiro.

“A nosa aposta segue sendo Besteiro. O noso futuro pasa por Besteiro”, sinalou o dirixente socialista na primeira reunión que mantén a Executiva do PSdeG despois dos comicios do 18 de febreiro en que os socialistas cultivaron o seu peor resultado histórico e perderon cinco dos catorce deputados que tiñan.

 

"Haberá cambios no PSdeG"

Con todo, Formoso sinalou que haberá “cambios” no PSdeG, aínda que a aposta clara é “a tranquilidade” para fortalecer o partido, afirmou. “Imos facer as cousas ben e aprender dos erros do pasado”, sinalou Formoso.

O secretario xeral do PSdeG, atribuíu este resultado a "múltiples" causas, nun contexto de "polarización política clara" e en que tanto o BNG como o PP presentaban "candidatos consolidados".

Neste sentido, dixo que Besteiro tivo "escaso tempo" para darse a coñecer, con só "un mes e medio" para poder explicar o seu proxecto para Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade