Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG porá data este sábado ás primarias para elixir candidato á Xunta

O PSdeG porá data este sábado ás primarias para elixir candidato á Xunta

Reúne a executiva nacional para convocar as primarias das que sairá o candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta

Formoso dixo en decembro que a súa intención era ser o candidato socialista ás próximas eleccións autonómicas, aínda que daría un paso atrás se José Ramón Gómez Besteiro tamén decidise selo

G24.gal 28/07/2023 15:18

O PSdeG reúne este sábado á súa Comisión Executiva Nacional para fixar a data das eleccións primarias nas que os militantes do partido poderán escoller o candidato a presidir a Xunta de Galicia de cara ás eleccións autonómicas.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xa adiantou no último comité nacional galego, celebrado o pasado 11 de xuño, que as primarias socialistas terían lugar unha vez que rematar a proceso electoral do 23 de xullo, coa finalidade de que o partido estivera preparado e coas estruturas a punto para afrontar, se fora o caso, unha convocatoria anticipada das eleccións autonómicas.

Porén, este sábado o órgano executivo dos socialistas galegos establecerá a datas eleccións primarias e o resto de procedementos establecidos na normativa interna do partido para afrontar este proceso.

Formoso dixo en decembro que a súa intención era ser o candidato socialista ás próximas eleccións autonómicas, aínda que daría un paso atrás se José Ramón Gómez Besteiro tamén decidise selo. "Na vida" competiría con Besteiro, ao que dixo que lle garda "lealdade", e que ademais é un dos seus "mellores amigos", dixo o líder dos socialistas galegos daquela.

Así mesmo, aproveitarán para analizar en profundidade os resultados acadados nas recentes eleccións xerais e se analizará o novo contexto político. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade