Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE busca ascender a fiscala xeral Dolores Delgado cando cese a través da lei concursal

O PSOE busca ascender a fiscala xeral Dolores Delgado cando cese a través da lei concursal

O portavoz de Unidas Podemos no Congreso, Pablo Echenique, indicou que o seu grupo viuse sorprendido pola emenda socialista

O PP avanzou que se os socialistas non a retiran, votarán en contra da lei concursal

G24.gal 31/03/2022 12:55

O Goberno quere garantir a saída profesional da fiscala xeral do Estado, Dolores Delgado, establecendo que, cando cese, pase a ser automaticamente fiscal de sala do Supremo. É unha medida da que se vén falando hai moito tempo e que, en xeral, o mundo xurídico está de acordo.

O problema é que para establecer este novo estatuto o PSOE emendou unha lei que non ten nada que ver co mundo da xudicatura: quere introducir o cambio ao través da lei concursal, unha lei que regula as quebras das empresas.

A oposición e as asociacións conservadoras cren que todo é unha manobra para protexer a actual fiscal, Dolores Delgado.

O portavoz de Unidas Podemos no Congreso, Pablo Echenique, indicou este xoves que o seu grupo se viu sorprendido pola emenda socialista que formula ascender á máxima categoría aos fiscais xerais do Estado cando cesen e deixou claro que non a apoiarán.

"Non estabamos informados desa emenda, non a imos apoiar, e ademais sorprendeunos que saíse a ministra de Xustiza defendendo sen fisuras este movemento que, como mínimo, é un pouco estraño", manifestou.

A emenda presentouse á lei concursal, pero vai dirixida a reformar o Estatuto do Ministerio Fiscal e a oposición mostrou o seu total rexeitamento, ao considerar que se trata dun traxe a medida da actual fiscal xeral, Dores Delgado, para premiala cando deixe o posto.

O PP avanzou que se os socialistas non a retiran, votarán en contra da lei concursal. Echenique admitiu que o seu grupo decatouse "pola prensa" da iniciativa socialista e que apuntado que aínda non tiveron oportunidade de falar cos seus socios. "Como mínimo é algo estraño; é unha lei que non ten nada que ver co funcionamento da Fiscalía Xeral do Estado", reiterou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade