Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE renuncia á súa emenda sobre o cambio de sexo rexistral de menores

O PSOE renuncia á súa emenda sobre o cambio de sexo rexistral de menores

Desde a dirección socialista non cren que deputadas como Carmen Calvo vaian romper a disciplina de voto a pesar de non estar de acordo co contido final da lei

G24.gal 13/12/2022 10:41

O PSOE non volverá defender no Pleno do Congreso a emenda á lei trans coa que expuña que un xuíz tivese que autorizar o cambio de sexo no rexistro no caso dos menores de 16 anos.

A secretaria de Igualdade dos socialistas, Andrea Fernández, asegurou este martes que "apoiaremos a lei tal e como saíu da Comisión de Igualdade porque é o lexítimo e o propio", afirmou en declaracións no Congreso despois de que este luns á tarde, nesa comisión, non conseguisen apoios á súa emenda.

A lei trans mantén dividido o PSOE. Deputadas como Carmen Calvo non aclararon cal será o sentido do seu voto cando o proxecto chegue ao pleno, pero Fernández non cre que se vaia romper a disciplina de voto.

"En calquera caso, será unha decisión individual de cada un", engadiu Fernández; "Esta é unha lei do Goberno e ímola defender máis alá de debates internos que son lóxicos, e máis nunha organización tan grande", recalcou.

A ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, aseguoru na conferencia de prensa posterior ao Consello de MInistros que se trata "dunha vitoria dos dereitos humanos, das persoas trans e do feminismo".

"Nos avisamos que sin o reforzamento que nos propoñemos pode haber máis recursos", dicía o voceiro parlamentario do PSOE, Patxi López.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade