Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE responde aos partidos cataláns que non negociará un referendo

O PSOE responde aos partidos cataláns que non negociará un referendo

Junts e Esquerra unen forzas e esixen a consulta como condición para a investidura de Sánchez

O rei iniciará unha nova rolda de consultas a próxima semana, despois de que hoxe fracase a investidura de Feijóo 

G24.gal 29/09/2023 08:20

O PSOE e os socialistas cataláns publicaron un comunicado conxunto, á última hora deste xoves, en que deixan claro que o referendo de autodeterminación non é negociable nin posible.

Respondían así ao acordo de Esquerra e Junts, que hoxe se vota no Parlament, de condicionar a investidura de Sánchez a unha consulta de autodeterminación.

No PSOE agardan que os partidos independentistas abandonen esa pretensión e que as negociacións volvan centrarse na amnistía e noutros acordos económicos.

Sumar coincide co PSOE en rexeitar o referendo, e ningún dos socios perde a confianza en que poderán reeditar a coalición. 

Con todo, de momento o candidato é Alberto Núñez Feijóo, que hoxe afronta a segunda votación, a partir das 13:20. E todo apunta a que a súa candidatura volverá quedar rexeitada por 178 votos en contra fronte aos 172 a favor.

Aínda así, no PP quedan cun balance positivo do intento de investidura. Cren que Feijóo sae reforzado. 

Cando se confirme que a investidura de Feijóo resulta frustrada, todas as miradas estarán postas no rei, que debe convocar unha nova rolda de consultas para propoñer outro candidato.

Serán, previsiblemente, o luns e martes da próxima semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade