Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Queen Elizabeth, primeiro transatlántico que recala na Coruña en 2022

O Queen Elizabeth, primeiro transatlántico que recala na Coruña en 2022

Case 1.300 turistas viaxan a bordo

Está prevista en 2022 a escala de 170 grandes embarcacións con pasaxeiros, marca histórica do Porto

G24.gal 08/01/2022 16:45

Con mar de fondo e cos seus impoñentes 300 metros de eslora, o Queen Elizabeth recalou na Coruña este sábado a primeira hora da xornada.

Preto de mil trescentos turistas viaxan a bordo deste cruceiro de luxo, que na súa visita anterior á cidade achegou vinte e dous casos positivos de coronavirus. Hai que lembrar que toda a pasaxe e os membros da tripulación navegan coa pauta de vacinación completa e que ademais deben realizar probas diagnósticas antes e durante as escalas.

O Queen Elisabeth é o primeiro transatlántico que recala na Coruña. As previsións do Porto apuntan a unha marca histórica de escalas de cruceiros: serán 170, un 42% máis que en 2017, o mellor exercicio ata o momento.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade