Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing incorpora a Aitor Gelardo

O Rácing incorpora a Aitor Gelardo

O mediocentro valenciano reforzará a medular dos ferroláns

Procede do Vilarreal B, co que xogou 28 partidos a pasada tempada

G24.gal 01/08/2024 15:33

O Rácing anunciou no día de hoxe a fichaxe de Aitor Gelardo. O xogador de 22 anos chega a Ferrol para reforzar o medio campo.

Gelardo procede da canteira do Vilarreal e na pasada campaña acumulou máis de 1000 minutos no seu equipo filial, que competiu na Liga Hypermotion precisamente ante o Rácing. O mediocentro valenciano foi internacional coas categorías inferiores da selección española, e mesmo chegou a disputar o Mundial sub-17 con España.

Agora chega a Malata para contribuír co seu bo xogo ao Rácing.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos