O Rambo galego di que fuxiu da prisión para denunciar a falta de permisos
O Rambo galego di que fuxiu da prisión para denunciar a falta de permisos
Alfredo Sánchez Chacón pasa a primeira noite no cárcere de Teixeiro
Quédanlle por cumprir 3 anos de condena polo asasinato dun mozo nun bar de Cuntis
A pena por quebrantar a condena oscila entre 6 meses e un ano de prisión
Alfredo Sánchez Chacón pasou a primeira noite no cárcere de Teixeiro, un centro penitenciario de máxima seguridade no que ingresou á última hora da tarde de onte. Alí deberá cumprir os tres anos de condena que lle restan por matar un mozo nun bar de copas de Cuntis.
Unha pena á que, tras a fuxida do cárcere de Monterroso, hai 11 meses, se sumarán as condenas que se deriven dos procesos xudiciais polos diversos delitos de roubos e furtos cometidos durante este tempo.
Durante o interrogatorio, Sánchez Chacón, que no momento da fuxida en marzo de 2021 levaba cumpridos 22 anos de condena, xustificou que non regresara ao cárcere para "chamar a atención" porque, malia levar moitos anos preso, non se lle concederan permisos coma a outros reclusos.
Un argumento, o de "chamar a atención", que desde o punto de vista penal é inexistente e polo tanto non se terá en conta como atenuante.