Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños, claves na detención do Rambo galego

Os veciños, claves na detención do Rambo galego

"Algo de resistencia puxo", di un dos homes que axudou a detelo

G24.gal 03/02/2022 16:47

Contra a medianoite, Alfredo Sánchez Chacón camiñaba polo monte do lugar do Calvario, na parroquia valdoviñesa de Loira, disposto a entrar nunha casa forzando a ventá.

"Miña irmá espertoume, vin aquí á fiestra e xa saín para fóra mirar. El escapou correndo" di Pedro Fernández, irmán da propietaria da vivenda.

Sen dubidalo, foi atrás del. Entrementres, súa irmá alertou outro irmán, que vive preto, e tamén un veciño que é garda civil.

"Saíu á estrada, vímolo e fomos tras del. Cruzamos meu irmán e máis eu o campeiro e o garda foi tras del" asegura José Ramón Fernández, o outro irmán da dona do inmoble que o Rambo galego pretendía asaltar.

Tras unha persecución de medio quilómetro, lograron prendelo nunha casa ruinosa onde pretendía agocharse.

"Cando viu que estaba acurralado xa se entregou máis ou menos. Algo de resistencia puxo", di Pedro Fernández

"Eu pregunteille porque días anteriores escoitamos moitos ruídos, onte igual, hoxe outra vez... Pregunteille onde quedara estes días. Foi na nosa bodega e que os meus cans eran moi bos, que non lle fixeran nada" di Laura Fernández, sobriña dos homes que axudaron a prender o Rambo galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos